Monday 06 de May de 2024

Servizos Sociais programa a conmemoración do día internacional da muller a través da celebración de cinco obradoiros nos colexios


Os contos – obradoiros denominaranse “Contamos igual” e terán unha duración de 50 minutos

Servizos Sociais programa a conmemoración do Día Internacional da Muller a través da celebración de cinco contos – obradoiros dirixidos a 5º e 6º de educación primaria nos cinco CEIPs do Concello de Cambre. A finalidade das actividades é a de coeducar a poboación infantil e a promoción da igualdade. Os contos – obradoiros denominaranse “Contamos igual” e terán unha duración de 50 minutos. Realizarase un por cada centro educativo de Educación Primaria entre o día 1 e o día 18 de marzo de 2016 en sesións de 10:00 a 10:50 horas ou de 12:30 a 13:20 horas. As datas e horarios os seleccionarán os centros educativos. Cada CEIP decidirá ao grupo de alumnos/as ao que irá dirixido: 5º ou 6º de primaria. Serán participativos e cunha metodoloxía e contido adaptados ao nivel académico de 5º e 6º de primaria. O número máximo de alumnos/as participantes en cada conto – obradoiro non poderá exceder de 60.

Por outra banda, coincidindo coa celebración do “Temple Stock” que organiza la Asociación de empresarios e empresarias de Cambre e a Asociación de veciños e veciñas do Temple o vindeiro 5 e 6 de marzo e aproveitando a gran afluencia de público que se rexistrará durante o evento, o programa municipal de voluntariado quere desenvolver unha serie de actividades de sensibilización e de promoción da igualdade. Tras ter varias reunirnos coas asociacións para exporlles a idoneidade de desenvolver estas actividades de concienciación o concello desenrolará aproveitando a afluencia do público ao evento comercial. Un grupo de persoas voluntarias formadas para o desenvolvemento de actividades de lecer para nenos e nenas realizarán as actividades Contratación dunha monitora especialista en xénero para supervisar e asesorar ás persoas voluntarias durante as actividades de sensibilización o sábado 5 de marzo de 17:30 a 20:30 horas no pavillón polideportivo do Temple e o sábado 6 de marzo de 12:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 20:30 horas no pavillón polideportivo do Temple.